Evento pasado

Alquimia en Vigocultura | 11.Noviembre.18

Por Vigocultura

Fecha y Hora

Domingo 11/11/2018 9:00 hs.

Ubicación

Vigocultura, Praza do Rei 1, 36202 Vigo

Acerca de esta actividad

?‍♂️Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.
O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo.
? Os alquimistas crían que a Pedra Filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozaren da vida eterna como da riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “A Gran Obra”.
Nesta nova aventura o Mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a Pedra Filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón. A Felicidade!
A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa “Gran Obra”.
Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do Mago Teto.

?

Acerca del Organizador